NOVAS-ACTUALIDADE
Épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2013-2014

ORDE do 26 de xuño de 2013 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2013-2014.

O artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, establece a obriga de regular anualmente mediante orde as épocas hábiles de caza para as distintas especies cinexéticas, as limitacións ao exercicio da caza, os réximes especiais, necesarios e a normativa aplicable nos terreos de réxime cinexético común.

En cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, oídos os comités provinciais e o Comité Galego de Caza, no uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia, modificada polas leis 11/1988, do 20 de outubro e 7/2002, do 27 de decembro, e de conformidade co disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación co Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, ...

Outras novas

 Rexistros: 124 Páxinas:  1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7
TECOR DE PORTAS Rapeira, 26 • 36658 Portas • Pontevedra
Telf. 606 856 853 • Email. info@tecorportas.com
Diseño y desarrollo NOVOSmedios