NOVAS-ACTUALIDADE
FGC: “Non nos gusta o actual anteproxecto”

LEI DE CAZA DE GALICIA

Tras facerse público que o Consello da Xunta, aprobaba, na reunión do pasado xoves (7 de febreiro) o anteproxecto da Lei de Caza de Galicia, a Federación Galega de Caza convocaba con carácter de urxencia á Comisión de Caza federativa, que se reunía ao día seguinte en Santiago de Compostela.

Durante 11 intensas horas os membros da Comisión de Caza fixeron un profundo análise e debateron o texto aprobado polo Consello, que introduce cambios substanciais respecto do primeiro borrador. A este respecto a FGC manifestaba a súa disconformidade, en especial coa redacción dos artigos referentes ás zonas de seguridade e á responsabilidade polos danos que causen as especies cinexéticas. Precisamente estes artigos foron os máis controvertidos e debatidos nas reunións previas coa Dirección Xeral de Conservación, mesmo chegándose a pactar unha redacción alternativa que finalmente non se viu reflectida no novo texto.

No referente á responsabilidade polos danos causados polas especies cinexéticas, a FGC propón que se invirta o cargo da proba, é dicir que a proba por falta de dilixencia na conservación do acoutado, ou na acción de cazar, corresponda ao reclamante, e que a proba da procedencia corresponda a quen reclame.

O anteproxecto tamén significa un paso atrás respecto do borrador no que a propia Administración propoñía, en aras de harmoniza-la lei galega coas doutras CCAA, sobre a idade de incorporación ao colectivo de cazadores, que no restado das Comunidades está nos 14 anos, semella chocante que un menor de 14 anos poida utilizar unha arma pero non poida cazar.

A Federación tamén vota en falta, na exposición de motivos, unha mención especial ás sociedades de caza como organizacións exemplares na adaptación á Lei anterior (Lei 4/97).

Os representantes federativos, que teñen previsto reunirse durante os próximos días co Director Xeral e co Conselleiro, trasladaran novamente aos responables da Xunta un informe que recolle unhas 50 achegas ao novo texto do anteproxecto; no caso de non chegar a un consenso a Federación non descarta convocar aos cazadores galegos para informarlle polo miudo da situación da nova lei, así como traslada-lo informe ao resto dos grupos parlamentarios.

Gabinete de Comunicación
Federación Galega de Caza

Outras novas

 Rexistros: 124 Páxinas:  1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7
TECOR DE PORTAS Rapeira, 26 • 36658 Portas • Pontevedra
Telf. 606 856 853 • Email. info@tecorportas.com
Diseño y desarrollo NOVOSmedios