CRÍA DE COELLO EN SEMILIBERDADE

A Sociedade de Caza de Portas posee nestes intres dous criadeiros de coellos xenéticamente puros en semiliberdade onde produce todos os coellos destinados as repoboacións no Tecor de Portas.

Alá polo ano 2002, recién estreada esta xunta directiva, unha vez analizada a situación da Sociedade e demostrando que as repoboacións con coello híbrido de granxa, que é o que hai no mercado, non daba os resultados esperados comenzamos a darlle voltas a posibilidade de producir nós na Sociedade os nosos propios coellos.

Fomos madurando a idea e pouco a pouco démoslle forma, que ninguén pense que foi un traballo doado, percorremos moitos kilómetros en busca de información, fixemos innumerables chamadas de teléfono, loitamos a reo para conseguir unha parcela onde poder desenvolver o que era un "soño" e estrujámonos os miolos na procura de financiamento.

A verdade é que se deron bastante ben as cousas. Con todo hilvanado só quedaba expoñelo na Asamblea e obter o compromiso dos socios, algún deles a pesar da súa ignorancia permitíanse o luxo de opinar sobre o tema. Teño que recoñecer que con maís pena que gloria votou a andar esta iniciativa pioneira na comarca e unha das primeiras en Galicia.

Xa postos mans á obra o básico dunhas instalacións deste tipo son un cierre perimetral con divisións internas e dúas zonas ben diferenciadas: unha de cobixo dos animaís e outra de pradeira destinada á alimentación, ademáis dunha cuberta superior para evitar a entrada ó mesmo dos predadores.

Durante toda unha tempada, de Marzo a Outubro, traballamos tódolos fins de semana e festivos de sol a sol uns poucos socios comprometidos co proxecto, en beneficio de todos, e conseguimos con moito esforzo e dedicación acabar o "criadeiro de coellos xenéticamente puros en semiliberdade" o cal hoxe en día é motivo de orgullo para todos os socios do Tecor de Portas, incluso para os que nunca creéron en nós. ¡Que o disfruten!

Hoxe en día non só está ese primeiro criadeiro en producción senon que xa concluiron os traballos de construcción dun segundo criadeiro. ¡Así é a vida!

Non podía rematar esta pequena historia dun soño feito realidade sen darlle as grazas a todos aqueles socios que coas súas mans o fixeron posible, especialmente a un que hoxe está no ceo, en labores cinexéticas por suposto, vai pot TI "CARLIÑOS".

O máis sincero agradecemento a todos aqueles que dunha ou doutra maneira colaboraron con nós:

  • • Vicente Piorno
  • • Carmen Cajide
  • • Victor Rodríguez
  • • Consellería de Medio Ambiente
  • • ADR Ulla-Umia
  • • Comunidade de Montes San Cristobal de Briallos
  • • Concello de Portas
  • • Federación Galega de Caza

A TODOS ELES GRAZAS

 

TECOR DE PORTAS Rapeira, 26 • 36658 Portas • Pontevedra
Telf. 606 856 853 • Email. info@tecorportas.com
Diseño y desarrollo NOVOSmedios